Unha empresa da familia do conselleiro de Medio Rural mantén desde 2015 unha estrutura "ilegalizable" polo seu "tremendo impacto"
José González deixou de ser socio de Bodegas Casal de Armán SL ao pasar de deputado a conselleiro en 2018, pero o comedor prefabricado para eventos que outra empresa da familia, Casal de Arman SL, levantou xunto a unha reitoral protexida conta con orde de demolición desde 2015, un ano antes de ser candidato do PP