O perito xudicial non ve probas documentais de eivas no Alvia e reitera a falta de seguridade da liña Ourense-Santiago
O experto ao que o xuíz encargou pescudar nas denuncias dun ex-mecánico de Talgo insiste en que a causa do accidente non foi o estado do tren senón o exceso de velocidade sen que existise ningún sistema que evitase o despiste do maquinista