O BNG crécese nas prazas: "O medre é imparable, por iso o PP está nervioso"
"O candidato do PP fala de que sería irresponsable suspender as eleccións na Mariña; o irresponsable é que minimice o brote e actúe con cálculos electoralistas", defende Ana Pontón no mitin central da formación en Santiago