O pacto do Goberno central co PNV para o estado de alarma abre a porta ás eleccións galegas no verán
O texto introducido polo PNV na nova prórroga dá a Feijóo ferramentas xurídicas para non ter que condicionar a nova convocatoria dos comicios adiados polo coronavirus ao levantamento do estado de alarma, tal e como figura no decreto co que foron adiadas as votacións previstas para o pasado 5 de abril