A Xunta Electoral require á TVG que "respecte a neutralidade informativa"
Admite a queixa do BNG, que sinalou que a televisión pública limitara varias informacións de Ana Pontón a unha voz en 'off' mentres emitía declaracións doutros candidatos.
Admite a queixa do BNG, que sinalou que a televisión pública limitara varias informacións de Ana Pontón a unha voz en 'off' mentres emitía declaracións doutros candidatos.
Os partidos avanzan cal pode ser o debate público sobre o ferrocarril nos próximos anos agora que van rematar as culpas cruzadas sobre o atraso da alta velocidade
GeC sinala "o traballo de compañeiras como Yolanda Díaz" no Goberno do Estado para apelar á necesidade dun cambio político en Galicia e Gómez-Reino promete, nun encontro con persoal investigador, dedicar o 2% do PIB galego a I+D se a esquerda goberna en Galicia tras o 12X
A candidata do BNG O BNG propón cubrir as 6.000 prazas vacantes do Sergas e 200 millóns para reforzar a Atención Primaria nos primeiros cen días de goberno.
O candidato socialista anuncia un paquete de medidas para frear a caída dos prezos do leite, impulsar a cadea de produción do ciclo do leite e impulsar a innovación e a investigación no rural galego.
"Rexeitamos esta iniciativa populista e electoralista", din os catro colexios de Enfermaría, que subliñan que a crise da covid-19 "fixo patentes" as "deficiencias" que as profesionais do Sergas viñan sinalando. Colectivos como a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública súmanse tamén ás críticas ao anuncio do candidato á reelección
O plan de cobertura informativa dos medios públicos estatais inclúe entrevistas en 'Los Desayunos' os tres últimos días da campaña
Tráfico de influencias, abuso de dereito, suborno ou negociacións prohibidas a funcionarios son algunhas das ilegalidades, varias delas delito, que os tribunais veñen constatando na Xunta na última década
O Bloque aposta por "unha mobilidade máis eficiente, máis racional e máis respectuosa co medioambiente; unha mobilidade do século XXI".
A formación propón transformar unha Risga "escuálida e insuficiente" nunha Renda Garantida para a Cidadanía Galega. Beiras reaparece para apoiar a coalición e cualifica a Feijóo de “colaboracionista do fascismo máis brutal”.
O candidato do PSdeG critica o bono de 250 para sanitarios "co que Feijóo quere mercar votos e xogar cos profesionais". A ministra de Hacienda, María Jesús Montero, cifra en 1.200 millóns a cantidade recibida pola Xunta do Estado durante a pandemia.