Política
A Xunta afronta a crise do virus con doce altos cargos baleiros tras cesar os seus titulares para iren nas listas do PP
Feijóo non considera prioritario facer novos nomeamentos e esperará a que se concrete como e cando se realizarán as eleccións
Os partidos galegos acordan a suspensión das eleccións do 5A polo coronavirus
Todos os participantes na xuntanza coinciden na conveniencia do aprazamento e o Goberno confirma que, polo momento, non se fixará unha nova data. PSdeG e BNG sinalan a necesidade de fixar un "criterio" claro para fixar a nova data e Galicia en Común inciden en que o "consenso" que presidiu a decisión do adiamento se manteña para retomar o proceso
O primeiro día laborable do estado de alarma, pendente do paquete económico contra o coronavirus
O Consello de Ministros do martes aprobará un paquete de medidas económicas para afrontar a crise do coronavirus; a intensidade desas accións xerou discrepancias no seo do gabinete. A necesidade destas accións tamén estará sobre a mesa este luns na xuntanza das forzas políticas galegas
A sanidade privada queda "ás ordes" da pública para afrontar o coronavirus
O Ministerio dá 48 horas "ás persoas e empresas que dispoñan de material" sanitario para poñelo á disposición do dispositivo contra o coronavirus
- Documento
- Política
O rei renuncia á herdanza e retira os fondos públicos ao seu pai polo caso dos cartos de Arabia Saudita
No comunicado, o actual Xefe do Estado anuncia tamén a "renuncia" a "calquera activo, investimento ou estrutura financeira cuxa orixe (...) poidan non estar en consonancia coa legalidade"
- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
As forzas políticas coinciden en adiar as eleccións galegas nun transo institucional inédito polo virus
A Xunta admite dende hai días a preferencia por un adiamento electoral que semella máis factible baixo o estado de alarma; as formas de Feijóo anunciando a suspensión dos actos de precampaña do PP dende a sede do Goberno incomodaron ás forzas da esquerda
- Estado de alarma Coronavirus
- Política
O Goberno central limita os desprazamentos de toda a cidadanía para tentar frear o coronavirus
A declaración de estado de alarma implica dende este domingo restrición xeral de movementos agás para adquirir bens de primeira necesidade, acudir ao traballo ou asistir a maiores, menores e persoas en situación de dependencia
A Xunta rectifica a instrución ao profesorado polo virus e retira a obriga xeral de estaren nos centros
A Consellería deixa agora nas mans das direccións dos centros que o profesorado acuda ou non durante o peche polo coronavirus
O Goberno central decretará o estado de alarma para loitar contra o coronavirus
A medida permite limitar temporalmente a circulación de persoas pero non afecta aos dereitos fundamentais da cidadanía
A Xunta ordena o profesorado estar nos centros durante a suspensión de clases polo coronavirus
A resolución aprobada pola Xunta estipula a "obriga de acudir ao centro educativo" para todo o persoal "docente e non docente" e o teletraballo non poderá superar "o 50% do seu horario total de permanencia do centro"
O Estado adianta fondos ás autonomías para servizos sanitarios e Sánchez pide "disciplina social" ante o virus
O Consello de Ministros reserva 1.000 millóns do fondo de imprevistos para atender "gastos extraordinarios" polo virus e advirte de que, se é preciso, fixará "prezos máximos" para medicamentos e material sanitario. "Trátase de coidarse para coidar aos demais, especialmente ás persoas máis vulnerables", subliña Pedro Sánchez sobre a necesidade de frear os contaxios