Política
A embaixada española en Venezuela destinou dólares do mercado negro a pagar favores electorais ao PP en 2015 e 2016
O PP galego mobilizouse en decembro para tapar con fondos dunha fundación pública un buraco de 300.000 euros detectado polo Tribunal de Cuentas nas axudas a emigrantes españois neses dous anos electorais
Podemos Galicia consulta á súa militancia se aproba unha coalición con Anova e mareas municipais
A consulta transcorre só durante este xoves e subliña que a marca da coalición sería Galicia en Común. Gómez-Reino e Noriega están a asumir o peso de gran parte das negociacións, nas que tamén participan outros dirixentes e nas que houbo, ademais, intervención de Iglesias e Beiras
As humidades abrollan no auditorio de Lugo inaugurado por Feijóo en 2016 e aínda pechado
O novo auditorio de Lugo foi inaugurado por Feijóo en abril de 2016, cando aínda non fora equipado; mantelo pechado custaba xa daquela uns 6.000 euros mensuais en mantemento. A Xunta resta importancia ás deficiencias atopadas por persoal municipal e asegura que as reparará antes da entrega ao Concello do edificio, un proxecto xa pasou polas mans de sete conselleiros distintos, entre eles Feijóo
Feijóo rexeita dar explicacións no Parlamento sobre os negocios de Pemex en Galicia que investiga México
O presidente insiste en negar que o ex-director da petroleira detido en Málaga estea a ser investigado pola compra de Barreras, operación na que pescudan ata catro organismos en México
A Xunta anuncia que "humanizará" centros de saúde con madeira e persoal insta a facelo con máis profesionais
O Goberno galego anuncia o uso de madeira para o acondicionamento de consultas e salas de espera para "favorecer o benestar" dos usuarios e promover este material. Eventuais en Loita lamenta que o Sergas "non contemple a contratación e estabilizacion de persoal" para mellorar o servizo.
- Perfil Galegas 2020
- Política
Luís Villares, o candidato que non tivo partido
O ata agora voceiro de En Marea chegou á política activa precedido da súa sona de xuíz rigoroso, galeguista e sociamente comprometido. Tras unha lexislatura marchada polas tensións internas, marcha asegurando que se sentiu un "becho raro" na pugna partidaria
Luís Villares di adeus á política: "Non vin perpetuarme"
"Chamáronme e fun sen preguntar máis nada, pero as cúpulas dos partidos impediron que esa alternativa florecese", asegura o ata agora voceiro de En Marea, que retorna ao traballo como xuíz
A Xunta convoca aos medios pero non ao Concello á entrega dunha casa protexida en Barreiros, con centos de pisos baleiros
O anterior alcalde, do PP, que si asistiu ao acto, deu licenzas para milleiros de segundas residencias que non obrigaban aos promotores a ceder espazos de uso público
- Crónica Galegas 2020
- Política
Feijóo fai ver que non se presenta ás eleccións por "un partido", senón pola Xunta
Como xa sucedera no inicio de anteriores carreiras electorais, o PP viuse obrigado a asegurar que non está a ocultar as súas siglas; alén disto, a aposta é identificar o candidato Feijóo con "Galicia" e co seu goberno, por riba dos partidos
- Interactivo Galegas 2020
- Política
Os dous últimos cambios de Goberno na Xunta coincidiron cunha gran mobilización nas zonas urbanas
No 2005 PSdeG e BNG incrementaron notablemente os seus apoios nas cidades e grandes vilas, e o mesmo fixo o PP no 2009. O voto urbano, máis cambiante que o das zonas rurais, pon e quita gobernos e semella que será decisivo nos comicios do vindeiro 5 de abril.
Un dobre mortal
Juan Carlos Piñeiro