Política
Gonzalo Caballero inicia en Vigo unha ruta de cidades, "que terán un aliado no goberno progresista da Xunta"
Abel Caballero asegura ter "confianza" en que o líder do PSdeG "vai ser presidente" e por iso, di, lle transmitiu as demandas de Vigo. En Lugo, o candidato socialista que "nos primeiros seis meses, o goberno progresista" vai "desatrancar proxectos históricos atrancados polo PP" como o Museo da Romanización ou a rolda leste
A denuncia do clientelismo na Deputación volve marcar o debate político en Ourense
O PSdeG denuncia a Baltar ante o Consello de Contas e pedirá unha Comisión de Investigación polo "reparto a dedo" de 7 millóns de euros a través da fragmentación "presuntamente irregular" de contratos. PP e Democracia Ourensana propoñen que os tribunais de oposicións volvan ser designados directamente e non por sorteo.
O BNG insta a CRTVG a organizar un debate "plural e a dobre volta" en horario de máxima audiencia
O Bloque aposta por un formato coas forzas políticas representativas de Galicia na TVG e reta a Feijóo a "saír da súa zona de confort do Telexornal a maior gloria da súa figura".
Dous xulgados discrepan sobre se Vigo discrimina ou non ao restrinxir os descontos do bus urbano
Unha sentenza dá a razón a Redondela e anula a esixencia de empadroamento, e outra rexeita unha petición similar de Mos, as dúas non firmes e recorribles ante o Tribunal Superior de Galicia
As megatrolas
Xosé Manuel Sarille
Feijóo, sorprendido polo "interese da xente por parir en Verín"
"Sorprendeunos o interese da xente por parir en Verín", afirma Feijóo, que só admite erros de "comunicación" no conflito do paridoiro. O actual presidente e aspirante á reelección polo PP teima en que o 5A non é "candidato dun partido"
A Xunta contrata de urxencia o operativo das eleccións porque o prazo ordinario pon "en grave perigo" o 5A
O informe que xustifica a contratación por vía urxente indica que os prazos ordinarios dos contratos, iniciados a finais de decembro, fan "inviable" celebrar as eleccións do 5A "con todas as garantías" porque as primeiras adxudicacións serían asinadas coa campaña xa iniciada
Condena por desvío de poder na autovía que levou a Feijóo a renegar da colaboración público-privada
A sentenza que obriga á Xunta a devolver un terreo que ocupou ilegalmente para desdobrar o Corredor do Morrazo súmase a dúas décadas de polémicas nunha infraestrutura inaugurada varias veces
A aventura da Xunta con Pemex, da promesa de vinte barcos á espiral de investigacións por corrupción
A detención do ex-director xeral de Pemex, protagonista dos negocios da petroleira en Galicia, vén de devolver á actualidade uns anos nos que a Xunta presentou a compañía como gran esperanza para o naval galego. Percorremos, nesta cronoloxía interactiva, os principais fitos dunha aventura naval agora salpicada, en múltiples vertentes, polas investigacións por corrupción que abriron as novas autoridades mexicanas.
Jácome I de Ourense, parvo útil do PP
David Alvarado
Feijóo teima en que non é candidato "dun partido" e o PP de Madrid pide apoialo para non "perder Galicia"
Cuestionado pola posibilidade da confluencia do PP con Ciudadanos, Feijóo volveu proclamar en Lalín que non é "candidato dun partido" nin "dun conxunto de partidos", senón o que define como "candidato de goberno". Mentres, Díaz Ayuso insta a "aglutinar o voto" da dereita "en torno a Núñez Feijóo porque, "por un escano, pódese perder Galicia" e que sexa "presa do nacionalismo"