Os partidos recibirán mil euros máis por escano tras o 5A que en 2016
Logo de baixar as subvencións electorais un 20% nas galegas de 2012, hai cinco anos o PP subiunas en solitario un 33% e agora actualízaas con outro 4,7%
Logo de baixar as subvencións electorais un 20% nas galegas de 2012, hai cinco anos o PP subiunas en solitario un 33% e agora actualízaas con outro 4,7%
Un axente da Policía impide tomar imaxes da entrega dun escrito dos sindicatos do ensino en San Caetano alegando a necesidade de velar pola protección de datos do persoal das instalacións. É habitual que sindicatos e outras organizacións convoquen á prensa para entregaren escritos no Rexistro Xeral e a cobertura gráfica destes actos non adoitou atopar atrancos ata agora
Un xulgado condena ao Goberno galego a devolver ao seu propietario os 15.000 metros cadrados no estado en que se atopaban, o que custará uns dous millóns de euros, e indemnizalo con 47.000 euros por cortar as súas árbores
"Xa hai unha maioría social que lle dá as costas ao PP", cre a candidata do BNG no inicio do proceso para conformar candidaturas e pechar o programa electoral, que será máis rápido do previsto por mor do anticipo dos comicios
A organización cre que o caso "exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política" e lembra que a Xunta fixo unha "modificación da lei á carta" para favorecer esta empresa sendo a ex-conselleira titular de Medio Ambiente.
Como en anteriores campañas, nas que foi apercibido pola Xunta Electoral, o Goberno galego intenta bordear o veto ás inauguracións con convocatorias que lle permitan publicitar as súas políticas
Podemos Galicia vén de abreviar os prazos das súas primarias para adaptalas ao axustado calendario electoral, que fixa o 21 de febreiro como límite para formalizar a posible coalición. Mentres, sucédense os contactos a múltiplas bandas e todas as partes admiten dificultades para o pacto
A convocatoria oficial das eleccións ao Parlamento do vindeiro 5A pon en marcha todos os prazos dos comicios. Un dos primeiros, o do voto postal.
O pleno aproba en toma en consideración da proposta do PSOE con ampla maioría da Cámara Baixa, superando os 200 votos. O PP acusa os socialistas de querer aforrar "custos" en Sanidade e Vox fala de "homicidio asistido".
Un día despois de adiantar as eleccións confirma que volverá ser o candidato do PP por cuarta vez, cuestión que todo o partido daba por feito pero que el deixaba no aire centrando así toda a atención na súa propia figura
O conselleiro Vázquez Almuíña di que non haberá permiso "asinado de forma adicional" no hospital comarcal tras advertir o Sergas de que se aplicaría alí "especificamente" e dicir Feijóo que implicaba a "autorización" das familias e a asunción de responsabilidades dos xinecólogos.