Política
A Fiscalía afea que Rajoy inaugurase a ampliación de Rande malia que “continuaron realizándose traballos na calzada”
Fiscalía e Avogacía do Estado enfróntanse no xulgado polas peaxes que Audasa cobrou malia estar a ponte en obras
Feijóo encoméndase ao dogma da "estabilidade" e a esquerda, á vaga de cambio iniciada en 2019
O actual presidente da Xunta procura apañar todo o voto do centrodereita consciente da apertada loita duns comicios que chegan con liderados consolidados no PSdeG e BNG, pero cun espazo rupturista aínda dividido e por definir
A oposición ve no adianto electoral unha mostra do "desgaste" de Feijóo e unha oportunidade para o cambio
PSdeG-PSOE, Grupo Común da Esquerda, BNG e En Marea celebran a convocatoria dos comicios e destacan que vén forzada pola mobilización social dos últimos meses.
Feijóo secunda a Urkullu e Galicia tamén votará o 5 de abril
Feijóo disolve o Parlamento e lanza de vez unha carreira electoral alegando razóns de "estabilidade". A esquerda volve aspirar a que o PP perda a maioría absoluta e faino cunha prevención engadida: que unha eventual baixada dos populares alén do limiar dos 38 escanos non sexa compensada cun socio pola dereita
"Polo monte" ou "polo Miño"? O vial Tui-A Guarda afectará a 23.000 metros cadrados de vides e carballos e 2.300 de ríos
O corredor prometido por Feijóo tras o 'Prestige' leva anos paralizado tras as protestas veciñais que discrepaban sobre o seu trazado, que vén de ser agora definido pola Xunta
A ex-conselleira Beatriz Mato ficha pola empresa enerxética Greenalia aos dous meses de deixar a política
A ex-titular de Medio Ambiente na Xunta e ex-portavoz do PP na Coruña incorpórase á empresa como directora de Desenvolvemento Corporativo e RSC e da futura fundación.
Feijóo reúne de urxencia o Goberno galego para decidir se Galicia tamén vota o 5 de abril
O presidente galego reúne o Goberno en Consello extraordinario este luns. Como en 2012 e 2016, Euskadi marca o ritmo; nesas dúas ocasións, Feijóo secundou o máximo mandatario vasco sumándose á data elixida para renovar o Parlamento vasco
- Reportaxe Galegas 2020
- Política
O PSdeG olla ao modelo escocés para reverter o despoboamento no rural
Gonzalo Caballero propón a creación dunha axencia semellante á Highlands and Islands Enterprise, clave no desenvolvemento económico das Terras Altas de Escocia, que detivo a sangría demográfica para aumentar a súa poboación nun 22% nos últimos 50 anos.
Unha condena á Xunta súmase agora ás irregularidades detectadas polo Consello de Contas na ponte da ría de Noia
O Goberno galego terá que pagar 14.000 euros de xuros por unha obra de 33 millóns na que obtivo unha rebaixa de só 4,53 euros por parte da adxudicataria tras mudar os criterios do concurso con este xa iniciado
Un País que se disipa sen remedio
Xosé Antón Jardón
O Estado ofrece non contar como déficit autonómico o mes do IVE non pagado dende a reforma de Rajoy
A ministra Montero insiste na imposibilidade de reintegrar eses 200 millóns a Galicia porque xa foron "gastados" pola comunidade autónoma. O Goberno central propón préstamos e relaxar os obxectivos de déficit para compensar o impago.