Política
Patrimonio ordenou á adega familiar do conselleiro de Medio Rural retirar unha estrutura ilegal, segundo o PSOE de Ribadavia
A Consellería de Cultura garda silencio sobre a situación do recinto para eventos e banquetes levantado en Casal de Armán a poucos metros da protexida antiga reitoral da parroquia
O Celta coloca a “primeira pedra" da súa cidade deportiva tras un ano de obras e aínda sen permiso para todo o complexo
O Concello de Mos vén de iniciar a exposición ao público da modificación do plan de urbanismo necesaria para o centro comercial que segundo a sociedade anónima deportiva precisa para “garantir a viabilidade” do recinto
O alcalde de Vilagarcía asume a presidencia da Fegamp reclamando ecuanimidade nas axudas aos concellos
Tras as municipais de maio os socialistas revalidaron o control da asemblea de concellos e provincias, que ata agora encabezaba o rexedor do Barco de Valdeorras, Alfredo García
A adega familiar do conselleiro de Medio Rural quere ampliarse para enoturismo tras abrir a Xunta ao lado o Museo do Viño de Galicia
A consellería di que está “garantida” a neutralidade da administración sobre un proxecto co que Casal de Armán pide construír en solo rústico e plantar novos viñedos no que hoxe é monte
O caso dos ERE: outro exemplo da externalización da política
Xesús Veiga
Regálenos bonsais, señor alcalde!
Xosé Antón Jardón
O PP eméndase a si mesmo para reducir o control ambiental de grandes proxectos empresariais
Os populares amplían de 4 a 6 anos o prazo para que as compañías inicien obras sen ter que avaliar de novo o seu impacto, e fano cun procedemento cuxa legalidade avalía o Constitucional tras denuncialo o PSdeG
Botando unha ollada ó veciño: participación
Antonio Gregorio
O "si" á coalición co PSOE logra un 97% de apoio entre as bases de Podemos
O apoio entre a militancia de Podemos ao Goberno de coalición pactado por Sánchez e Iglesias e mesmo un chisco superior ao acadado no seo do PSOE. Dentro de Galicia en Común, os votos afirmativos superaron os 7.000 e os rexeitamentos non chegaron a 200
O xuíz arquiva a causa contra os cargos da Xunta acusados de homicidio por atrasar fármacos contra a Hepatite C
O instrutor non considera probado máis de tres anos e medio despois de iniciarse o caso que “o falecemento dos doentes lles sexa imputable causalmente aos investigados
Señor Feijóo, fale por vostede
Vera Hermida