Burela: outra vez eleccións
Nunha das mesas electorais da localidade repítense este domingo os comicios municipais do pasado mes de maio, despois de que en xuño o TSXG invalidara o escrutinio realizado no seu momento. Non está en risco a vitoria do PSdeG-PSOE, pero a candidatura de Burela Sempre podería obter un edil en prexuízo de BNG ou PP.