Disturbios tras as manifestacións contra a sentenza do procés levan o Goberno central a falar de "violencia xeneralizada"
Os incidentes desencadeáronse tras unha protesta pacífica de Òmnium e ANC contra a sentenza, secundada por milleiros de persoas. Contra a media noite, cando se repetían as imaxes das fogueiras e disturbios en Barcelona, Moncloa emitiu un comunicado no que falaba de "violencia xeneralizada", pero matizando que a "coordinación" cos Mossos é "moi positiva"