Política
- Vídeos Memoria antifranquista
- Política
A exhumación de Franco acaba con 44 anos de permitida exaltación do ditador no seu mausoleo
Os restos do xeneral fascista saen do Valle de los Caídos entre berros de "viva Franco" por parte dos seus familiares e máis de catro décadas despois da súa morte
Propietarios de montes e Concello de Samos reclaman reactivar o parque eólico do Oribio freado pola xustiza
O Tribunal Superior atendeu a petición de paralizar as obras do parque eólico nun auto que lembra que dende 2014 están prohibidas estas instalacións en espazos da Rede Natura
Feijóo anuncia que o Deza terá a ambulancia que pide hai anos tras morrer un home que tardou en ser atendido
O presidente minimiza os acordos de PP e Vox criticando ao PSdeG que “gobernan con independentistas” e atribúa o crecemento dalgunhas industrias galegas ás súas políticas e a crise doutras ao Goberno central
Comeza o xuízo contra dous ex-cargos da Xunta pola dragaxe irregular da ría de Ferrol
A Fiscalía pide seis anos de cadea para Carlos Muñoz, ex-xefe de Servizo de Conservación da Natureza da Coruña, e Rogelio Fernández Díaz, antigo subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, acusados de falsificar documentos para xustificar a omisión dun informe que desaconsellaba a actuación
- Crónica Xerais 10N
- Política Lugo
Feijóo volve tornar o "AVE a Lugo" en bandeira de campaña, pero xa non promete que o pagará el
O "AVE a Lugo" nunca existiu. O que si existe e xa está en marcha é o plan de melloras da vía convencional, que inclúe accións como a electrificación e a supresión de pasos a nivel. O socialista Ábalos mantén que esas melloras estarán rematadas en 2021 e Feijóo retruca que "Lugo non terá AVE" nese ano
O Grove, Oleiros, Baiona: as parroquias que a Xunta presenta como “rurais” para baixar impostos ás segundas vivendas
A rebaixa impulsada polo Goberno galego co argumento de evitar o despoboamento inclúe casas en zonas turísticas ou próximas a cidades
Pedro Sánchez visita en Barcelona a policías feridos e evita a xuntanza que reclama Torra
O presidente do Goberno central en funcións abandonou Barcelona sen manter contacto con ningunha autoridade catalá, mentres Torra respondía á súa carta pedíndolle falar e lembrándolle que o chamou "dúas veces e non non quixo contestar"
A Xunta modifica 30 leis distintas cos orzamentos de 2020, dúas delas aprobadas hai só tres meses
O Goberno galego fixa na lei de acompañamento que a obriga de reparar os danos ambientais prescriba aos 15 anos ou que os concellos poidan pedir cartos en lugar de solo aos promotores obrigados a realizar cesións para poder construír
Crítica dunha sentenza inxusta (I)
Xoán Antón Pérez-Lema
A violencia
Brais González Pérez
As marchas contra a sentenza do procés conflúen nunha mobilización masiva en Barcelona
As 'Marchas pola liberdade' chegan á capital catalá e ateigan a manifestación central da xornada, na que participa máis de medio millón de persoas, segundo a Garda Urbana. Os incidentes e as cargas policiais volven a outros puntos da cidade, alleos á gran marcha