O PSOE gaña as xerais e pode elixir alianzas de goberno fronte a unha dereita esfarelada
A eventual alianza da dereita queda moi lonxe da maioría por mor do forte devalo do PP malia ao ascenso de Ciudadanos e a irrupción da extrema dereita de Vox. Os escanos socialistas agregados aos 42 de Unidas Podemos e aos do PNV aproximaríanse á maioría se logran o apoio de pequenas formacións e superaríana amplamente coas forzas soberanistas catalás. Outra eventual alianza sería con Ciudadanos