Unha vintena de localidades perden concelleiros por mor da caída poboacional
11 dos 19 concellos que o 26-M elixirán menos edís están en Ourense, onde tamén se sitúa o único que gaña representantes, San Cibrao das Viñas. Ribadeo, Xinzo de Limia, A Illa de Arousa, Meis e Muxía, entre os lugares que baixan. O partido xudicial de Corcubión perde un deputado provincial en favor de Santiago.