O PPdeG tenta esquivar sen rexeitalos os posibles pactos municipais coa extrema dereita
As mensaxes de Casado antes das xerais, ofrecendo a Vox un goberno conxunto, deixaron un pouso que os populares galegos tentan esquivar antes das municipais do 26M. Cargos do PSdeG como Gonzalo Caballero ou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, amósanse convencidos de que os populares formarán maiorías con Vox se poden e comprométense a "traballar para que non sexa así"