En Marea, PSdeG e BNG censuran que o PP integre a Xunta na fronte da dereita contra Sánchez
Villares lembra que hai escasos días Rueda negouse a fixar posición sobre os pactos con Vox porque non atinxían a Galicia, Caballero reprocha que Feijóo "poña a Xunta á disposición de Casado e da ultradereita" e Pontón lamenta que o PP "utilice a Xunta para facer partidismo cutre" ao carón da "dereita botada ao monte".