BNG, ERC e Bildu lanzan en Santiago a súa coalición para as europeas combinando políticas sociais e dereito a decidir
O primeiro acto público conxunto de Agora Repúblicas, nome común da candidatura, apela a “os republicanos de todo o Estado español”
O primeiro acto público conxunto de Agora Repúblicas, nome común da candidatura, apela a “os republicanos de todo o Estado español”
O procedemento xudicial ten na súa orixe unha denuncia do PP local contra a cesión de uso do vello cárcere provincial á asociación Proxecto Cárcere, despois asumida pola Fiscalía
O 26 de febreiro será o oitavo aniversario da inauguración do hospital Lucus Augusti, na que Feijóo anunciara a apertura da hemodinámica para antes do remate dese 2011. O conselleiro Almuíña admite que tras a fin da atención a infartos en horario de oficina os pacientes son atendidos 50 minutos máis rápido e tres de cada catro xa non teñen que ser enviados á Coruña
A plataforma de afectados polo sinistro e a eurodeputada Ana Miranda, que nestes anos actuaron da man en Bruxelas, congratúlanse da investigación aberta pola Comisión Europea sobre as deficiencias do sistema ferroviario español
A Comisión Europea volve poñer o foco no funcionamento da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) de Fomento, que se nega a investigar de novo o sinistro do Alvia como pide Bruxelas tras facer responsable do mesmo ao maquinista. A instrución xudicial vén de rematar con acusación tamén a un cargo de Adif, cuxas eivas de seguridade foron obviadas pola CIAF.
En 2009 o PP desdeñou o Goberno galego de PSdeG e BNG por lograr "só" unha ducia de "traspasiños" e prometeu impulsar un amplo paquete de transferencias que nunca chegou. Tras a chegada de Pedro Sánchez ao poder e nun contexto marcado polo discurso recentralizador de Casado, súmase á petición do BNG na defensa de novas transferencias
Nos últimos días o PPdeG afirmou que Pedro Sánchez dá "os cartos" de Bergantiños, Santiago ou Betanzos "aos separatistas" Dende o Goberno central ponse o acento no perfil "social" das contas, pero tamén en que boa parte do orzamentado polos Gobernos do PP para Galicia nos últimos anos realmente quedou sen gastar
A Consellería de Sanidade non argumentou por que fixou no 50% o número de traballadores imprescindibles durante a folga de máis de cen días mantida polo persoal de mantemento do complexo hospitalario de Ourense
O BNG trasladará á Comisión de Medio Ambiente novos datos sobre a contaminación nas rías de Vigo e do Burgo tras a reapertura do expediente na Eurocámara. Os colectivos en defensa desas áreas cualifican de “insulto” que eurodeputados galegos dubidasen dos seus datos sobre a polución
A intervención final no Congreso que os afectados reclaman ter para poder desmentir con datos e documentos as inexactitudes lanzadas por comparecentes previos segue no aire por populares e socialistas
“Non se pode pechar ningunha destas peticións, hai que mantelas abertas até que contemos con explicacións fiables e actualizacións sobre a situación”, defende a presidenta da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tras escoitar a delegación galega convidada pola eurodeputada do BNG
Julio Gómez-Pomar di que “non hai outros imputados” que o maquinista malia que tamén o está un cargo de Adif e presenta como colaboración súa coa xustiza un requirimento que lle fixo o xuíz a Renfe por ocultarlle documentación