Política
O Supremo obriga a Google a ocultar unha información sobre un garda forestal da Xunta denunciado por caza furtiva
O alto tribunal estima que é a multinacional quen ten que facerse responsable de retirar o contido que co paso do tempo sexa “substancialmente inexacto”
Feijóo presenta o Sergas como vítima de "intereses inconfesables" da esquerda
O presidente acudiu á comisión sobre os recortes na sanidade para denunciar o que considera unha "premeditada descualificación global" do Sergas por parte da esquerda para "destruír" o sistema sanitario público
Todo o que non son contas, son contos
Xoán Vázquez Mao
Adeus ás grandes cifras no orzamento estatal para Galicia: sen plans para despois do AVE
O investimento estatal en Galicia tocou teito cando cadraron os fondos para da alta velocidade do Eixo Atlantico e a Madrid. Tras a caída do 19% previsto nas primeiras contas de Sánchez o PSOE insta a ollar o perfil "social" das contas, que En Marea asegura que non apoiará sen incrementos. O PP teoriza que os fondos que perde Galicia van ao "separatismo" catalán e o BNG ve constatada a "inutilidade das forzas estatais"
Sumar para gañar
Xoán Antón Pérez-Lema
O presidente europeo Juncker reduce a “saúdo breve” o que Baltar publicitou como un “encontro” de análise
O dirixente popular fotografouse en outubro en Bruxelas co responsable da Comisión Europea e a Deputación de Ourense divulgou as imaxes e un comunicado no que dicía que os dous “analizan vías para impulsar unha maior competitividade nas provincias de Europa”
Joan Coscubiela: a soidade lúcida do corredor de fondo. III. Cando a vitoria non é a solución
Laureano Araujo
A Xunta ve os orzamentos de Sánchez “discriminatorios” con Galicia na súa valoración máis veloz dos últimos anos
Mentres o PSdeG pon o foco en que son unhas contas “sociais”, a Delegación do Goberno opta por salientar o investimento, ao tempo que En Marea e BNG únense ao PP ao considerar que “castigan” e “golpean” aos galegos
O investimento do Estado en Galicia volve baixar en 2019 polo remate das principais obras do AVE
A proximidade de remate do AVE fai que os investimentos previstos para Galicia volvan caer, pasando de 936 millóns en 2018 aos 757 de 2019, un 19% menos. Fronte á caída do Ministerio de Fomento aumentan as partidas de Transición Ecolóxica con proxectos como a rexeneración da ría do Burgo
Dez anos despois do "PSOE e BNG queren quedar coas túas terras", Feijóo aumenta a aposta polas expropiacións
A Xunta impulsa unha lei de rehabilitación da que agora salienta que facilitará a ocupación pública de inmobles tras cambios similares introducidos na última década en ámbitos como a loita contra incendios, a implantación de empresas ou as piscifactorías
- Crónica
- Política
Réquiem polo "pacto de perdedores"
Feijóo únese as mensaxes de celebración polos acordos postelectorais do PP en Andalucía sen a candidatura máis votada, o mesmo que durante anos supuña, ao seu xuízo, "reinterpretar nos despachos o que din os cidadáns nas urnas"