Política
Un ex-secretario da Xunta de Feijóo avala que Abel Caballero non colabore coa investigación política do Marisquiño
O secretario municipal de Vigo, José Riesgo, que foi número 2 da Consellería de Economía, xa amparara ao alcalde socialista en contra do PP na constitución despois suspendida pola xustiza da Área Metropolitana viguesa
Lembranza de COU
Xosé Manuel Sarille
Fomento estudará dous anos máis se pode evitar que o tren Ferrol-A Coruña dea un rodeo por Betanzos
Un bypass entre as liñas A Coruña-Lugo e Ferrol-Betanzos permitiría que nesa última localidade os convois non teñan que cambiar de sentido de circulación para completar as súas viaxes, solución xa analizada en polo menos seis informes oficiais desde 2003
A fundación da Xunta que tutela 3.000 adultos volveu quedar sen cartos para gasto corrente
O pasado novembro Política Social retirou 409.000 euros da partida coa que financia o 'cheque bebé' para atender o "incremento dos gastos correntes" da Funga, que un ano antes xa recibira unha inxección de urxencia para pagar débedas con residencias privadas ás que envía persoas adultas tuteladas
Os novos treitos do AVE que se abrirán en 2019 e 2020 terán durante meses obras intercaladas que limitarán a velocidade
Este ano poranse en servizo un cento de quilómetros entre Zamora e Sanabria e o próximo outro tanto ata as proximidades de Ourense, pero Adif xa prevé traballos pendentes que obrigarán a frear os trens en varios puntos a 30 por hora
Feijóo considera no seu discurso de fin de ano as protestas sociais como un “síntoma da nosa saúde democrática”
O ano dos zunados patrios
Xosé Antón Jardón
O presidente do Parlamento pide ao Apóstolo unha inmigración "ordenada"
O popular Miguel Santalices, actuando como delegado rexio, eloxia a Constitución fronte ao desafío secesionista e apela a loitar contra as seudociencias e a violencia contra as mulleres
A oferta dun grupo arxentino achega esperanza á agonía do Centro Gallego de Bos Aires
A empresa sanitaria BASA aposta pola xestión do hospital sen esixir a adquisición do histórico edificio, ao contrario que Ribera Salud, cuxa oferta de hai un ano nunca chegou a oficilizarse. Os impagos ao persoal, a deterioración do inmoble e o risco do patrimonio cultural agudizan a crise dunha institución en risco de quebra.
A dirección de En Marea constitúese sen os críticos, que agardan ás auditorías das primarias antes decidir o futuro da formación
Villares garante o seu “apoio sen fisuras” ás mareas locais de cara ás eleccións municipais de maio, que condicionan unha hipotética ruptura que aínda non está na axenda dos órganos que deberan tomar tal decisión en cada un dos socios
Feijóo só aprobou unha das 12 leis que prometeu para 2018 e ten aínda pendentes cinco de 2017
O Parlamento de Galicia foi en 2018 o menos lexislador de todas as cámaras autonómicas, empatado co Parlament, ao aprobar só unha modificación da lei de saúde, a lei de orzamentos para 2019 e a súa lei de acompañamento