Os concellos non incentivan o aforro de auga e fixan as súas tarifas sen analizar o custo
O Consello de Contas critica que "con carácter xeral non se promove un uso sostible do recurso hídrico"
O Consello de Contas critica que "con carácter xeral non se promove un uso sostible do recurso hídrico"
A proposta levaría a ampliar ao 4º e 5º curso "a descentralización que xa existe en 6º", destaca o Goberno galego despois da terceira reunión do grupo de traballo que analiza as fórmulas para o futuro destes estudos en Galicia.
A xustiza comunitaria acepta que as consultas ao público interesado se fagan sen contar aínda con todos os informes sectoriais, pero ducias de eólicos seguirán paralizados cautelarmente en Galicia por outro motivo, o risco de que o seu dano sexa irreversible
O Goberno galego di que "en moitos casos, un dos motivos ou detonantes que levou ao agresor a acabar coa vida da muller foi a decisión dela de deixalo". O Consello de Contas respondeu que esa é unha cuestión que "non dá lugar a ningún debate", desbotou as alegacións do Goberno galego e insistiu en que "non só na Secretaría Xeral de Igualdade, senón en todo o ámbito autonómico", as actuacións de protección e apoio "foron gañando peso fronte ás de prevención"
Os plenos de ambas cidades aproban as ordenanzas para poder cobrar o tributo que a Xunta accedeu a permitir tras anos de resistencia e que está limitado pola lei galega tanto nos importes, de 1 a 2,5 euros, como nas exencións ou no destino do recadado. A taxa coruñesa comezará a aplicarse o 1 de setembro e a compostelá, o 1 de outubro. En ambos casos nace sen o apoio do PP, que votou "non" no pleno herculino e se abstivo no santiagués
O ente fiscalizador revela que o 97% dos fondos da Xunta son para medidas de atención ás vítimas mentres que "a prevención e sensibilización foi decrecendo"
O ente fiscalizador fai público este xoves un informe que pide unha mellor planificación estratéxica por parte da Xunta
O Goberno galego atribúe ao municipal a súa decisión de "deixar en suspenso" a infraestrutura ao paso polo bosque do Banquete de Conxo, obra desautorizada pola directora xeral de Patrimonio minutos antes de dimitir
Os herdeiros do ditador habilitan unha web para reservar visitas ao histórico inmoble da Cidade Vella da Coruña, unicamente os luns e cun máximo de vinte persoas.
O presidente sintoniza coa apelación de Feijóo para 'apertar' en materia migratoria e procurar que o PP recupere terreo gañado pola extrema dereita de Vox mentres di non sentirse aludido pola apelación do arcebispo contra a "criminalización colectiva". "Abstéñanse de transmitir mensaxes que criminalizan" menores migrantes, pide Amnistía Internacional, mentres Pontón presenta Galicia como "nación de acollida" e Besteiro chama a atender "nenos e nenas que foxen de crises humanitarias" fronte a "actitudes que deshumanizan"