Tres semanas máis de permisos retribuídos por nacemento e coidados para nais e pais
O permiso de paternidade pasa de dúas a 19 semanas en apenas unha década. O de maternidade aumenta por primeira vez dende 1989. As familias con crianzas que nacesen ou fosen adoptadas dende o 2 de agosto de 2024 poderán gozar, tras as 17 semanas por nacemento, doutras dúas pagadas para coidados e 6 non remuneradas ata que a nena ou neno teña 8 anos