Política
Viaxe ao Chile máis antifascista
Claudio Rodriguez Fer
Pontón e Besteiro ven "unha vergoña" e "triste" que Rueda non secunde a Euskadi e Catalunya a prol do galego
"É un esperpento que o galego vaia ser defendido polo lehendakari e polo presidente de Catalunya, pero non polo presidente de Galiza", cre a líder do Bloque. "Quen non ama a súa lingua non pode amar o seu país", di o secretario xeral do PSdeG canda Illa, quen subliña que lle "gustaría que asinase" o titular da Xunta e advirte de que "non imos parar porque temos razón"
De Cangas a Riós: doce concellos cambiarán de nome
Castro Caldelas será O Castro de Caldelas, A Cañiza será A Caniza e Porto do Son, O Porto do Son tras incorporar o artigo, ao igual que O Riós, O Campo Lameiro ou A Ribeira de Piquín, segundo a proposta da RAG que xa aceptou a Comisión de Toponimia da Xunta e que supón a mudanza na denominación de máis de 2.600 lugares ou parroquias.
España ve motivos políticos e "discriminación" na nova demora á oficialidade do galego na UE
A Unión Europea volve adiar o debate sobre o galego, o catalán e o vasco nas institucións comunitarias logo de que varios Estados volvesen amosar dúbidas legais e financeiras. "Non hai argumento económico, legal ou polos precedentes que xustifique atrasar a iniciativa nin un minuto máis", di o Goberno de España.
A Xunta, condenada a revelar por que mantivo 347 funcionarios en postos excepcionais sen concurso
O Supremo dá a razón de vez á CIG no litixio para forzar a publicación dos informes que xustifiquen a prórroga por riba do límite xeral de dous anos en centos de comisións de servizo, fórmula excepcional da que, segundo o sindicato e tamén a xuízo do Consello de Contas, o Goberno galego abusa
Euskadi e Catalunya piden aos gobernos da UE a oficialidade do galego que a Xunta desbota
O president Illa e o lehendakari Pradales envían unha carta conxunta aos Estados comunitarios solicitando que voten a prol de virar en oficiais a lingua galega, o éuscaro e o catalán logo de que o Goberno de Rueda o desbotase polo seu custo e Feijóo manobrase en Europa para impedilo.
A prórroga da AP-9 aprobada por Aznar ata 2048 é ilegal para a Comisión Europea
O executivo comunitario conclúe o procedemento de infracción que tiña aberto dende 2021 e envía ao Goberno de España un ditame motivado no que o insta a "adoptar as medidas necesarias". En caso contrario, advirte, o asunto pode pasar a mans do Tribunal de Xustiza
A UDC sobe outro chanzo para implantar Medicina entre duras críticas da Xunta
A Universidade aproba o inicio do expediente para ter a nova titulación en 2027 e o Goberno galego responde advertindo dos seus "argumentos débiles" e acusándoa de actuar "fóra dos marcos de consenso".
Euskadi logra o salvamento marítimo que o Estatuto galego contempla e o PP rexeitou pedir
En 2019 o BNG forzou unha votación no Parlamento para volver reclamar o traspaso de salvamento marítimo e o PP negouse alegando que "o importante non é a competencia, senón a coordinación". O lehendakari e Pedro Sánchez tamén pechan o acordo para transferir as prestacións non contributivas da Seguridade Social e a xestión integral do seguro escolar
- Datos
- Política
Galicia é a autonomía que menos inviste por persoa dependente
A Xunta está entre as administracións autonómicas que menos achega ao financiamento da dependencia, cun 65,1%, mentres o Estado volve reducir a porcentaxe da súa contribución, afastándose do 50% que marca a lei.
A Xunta di tras a condena pola contaminación na Limia que a inacción é culpa do Estado
Despois de ser condenado canda o Goberno de España por non frear os refugallos das macrogranxas nas augas limiás o Executivo galego esgrime que ultima o seu "plan autonómico para reducir a contaminación por nitratos". O presidente e a conselleira do Medio Rural din non declarar zonas vulnerables aos nitratos porque os datos do Ministerio non están actualizados: "Non ten sentido culpabilizar a actividade agrogandeira", conclúe María José Gómez