Rueda responde ao Consello de Europa que "a lingua hai tempo que está fóra da discusión política"
O presidente vese avalado polas eleccións e só contempla cambios no uso do galego no ensino "sobre a base do bilingüismo cordial"
O presidente vese avalado polas eleccións e só contempla cambios no uso do galego no ensino "sobre a base do bilingüismo cordial"
A última memoria anual de accidentes ferroviarios dá agora conta da implantación de análises de risco específicas nas liñas ferroviarias, a cuestión por cuxa omisión vén de ser condenado un cargo de Adif no xuízo penal
As fusións que vén de presentar a Xunta non son froito das conclusións dos investigadores senón que estes as elixiron 'a priori' como mostras representativas de Galicia para simular os efectos de cada unión pero sen chegar a recomendala
A batalla pola hexemonía na dereita española seis anos despois da fin da era Rajoy segue a desprazar o eixo dos debates, centímetro a centímetro, en sentido contrario á viaxe ao centro onde disque se logran as vitorias
O Goberno de España, con Rajoy e na actualidade, cifrara en arredor e 4.000 millóns o rescate e un informe contratado pola Xunta situouno recentemente na contorna dos 2.000. O traballo para o Bloque subliña que non cumpriría compensar a Audasa con indemnización ningunha polo que deixaría de gañar ao estar beneficiándose dun contrato "ilegal" pola prórroga de Aznar ata 2048, en liña do sostido pola Comisión Europea
A empresa que hai uns meses apelaba a "protexer" a fidelidade dos seus viaxeiros para que non marchasen aos trens gratuítos lamenta agora unha "avalancha" de pasaxeiros porque non hai prazas no ferrocarril
A comisión de investigación creada en abril e na que tiñan que comparecer outros catro conselleiros de Feijóo vai ser pechada en falso como represalia de Coalición Canaria polo que consideran desatención de Sánchez ás illas
O comité intercentros dos medios públicos lanza un calendario de paros contra a "entrega da produción a mans privadas". A representación do persoal pon o foco no novo programa 'O termómetro', substituto do histórico 'A revista', unha coprodución con empresas privadas "no que a participación do persoal da CRTVG se limita á parte técnica"
O presidente cita o seu Goberno toda esta fin de semana no Palacio de Sober, edificio vendido hai dúas décadas pola familia da ex-alcaldesa e deputada popular Raquel Arias no que se fixo con fondos públicos un hotel de 5 estrelas que quebrou e hoxe é de 4
Os populares frean a reforma impulsada por formacións soberanistas para equiparar ao castelán o rango das demais linguas oficiais, ao xeito do que xa sucede no Congreso. Acusa os grupos autores da proposta de "buscar reducir a identidade española" e cualifica o galego, éuscaro ou catalán como "segundas linguas"