Política
O dono de Sargadelos increpa a Besteiro mentres esixe coñecer "que tipo de acordo" ten coa Xunta
O secretario xeral do PSdeG advirte de que "calquera apoio público" a Sargadelos debe ter "como condición indispensable o mantemento dos postos de traballo" e atender a que "a seguridade dos traballadores non é unha opción"
"Imos esixir as responsabilidades pertinentes aos operadores privados", di Sánchez
O presidente segue sen descartar ningunha hipótese sobre as causas do apagamento e desbota que máis enerxía nuclear axudase na situación vivida
As mensaxes "contraditorias" da Xunta provocan "caos" e "confusión" nos centros educativos
Rueda anunciou a suspensión das clases e do transporte escolar malia a activación do nivel 3 de Emerxencia posterior e as indicacións estatais de abrir para facilitar a conciliación. Moitos colexios e institutos, e a maioría das escolas infantís, permaneceron pechadas entre as queixas de familias e profesorado pola "desinformación".
Tomé revalida liderado no PSdeG de Lugo e Vila imponse en Ourense
O presidente da Deputación lucense e alcalde de Monforte, cun apoio de case o 60% fronte a Iván Castro, márcase o obxectivo de "consolidar os gobernos socialistas" nos concellos e na institución provincial. Álvaro Vila, voceiro na Deputación ourensá e alcalde de Taboadela, defende a súa política de acordos co goberno do PP abertamente rexeitada pola súa rival, rexedora de Trives, se ben amósase partidario a abordar a cuestión coas alcaldías
Que define o estado plurinacional?
Xoán Antón Pérez-Lema
Chiringuitos si, pero non concesións como a da parella de Feijóo: o que vai gobernar a Xunta na costa
O acordo que transfire competencias sobre o litoral dá á Xunta as concesións ordinarias ou os permisos para a temporada de praias, pero omite as concesións compensatorias como a que pide Cárdenas, en liña co establecido polo Constitucional
- Crónica Debate 2025
- Política
Dez anos e un 'talk show': alardes sociais no aniversario de Rueda para estreitar o campo fóra do PP
No peor da crise de hai unha década, RTVE lanzou e despois retirou un programa de recadacións solidarias no que profesionais dos servizos sociais vían "beneficencia televisada". Rueda inaugurou o aniversario da súa vitoria nun evento con ecos daquel espazo televisivo e culminouno no debate de política xeral, no que combinou a autoemenda nalgúns dos asuntos nos que máis fraquearon os gobernos de Feijóo que vicepresidiu co internamento dialéctico nas liñas dos adversarios pola vía das promesas e coa apelación a unha "Galicia en grande".
Da aldraxe por Altri ao silencio por Ence malia perderen a mesma axuda pública
As críticas do PP e da Xunta á exclusión da empresa portuguesa das subvencións europeas contrastan co mutismo sobre a planta que prevé nas Pontes a papeleira, compañía de fonda e longa vinculación cos populares e da que no sector advirten do seu malestar co Goberno galego.
Mocións de censura e dimisións outórganlle ao PP cinco novas alcaldías no ecuador do mandato municipal
O cambio de cor política en Cambre súmase aos producidos noutros seis concellos galegos dende 2023. En catro foi a través de mocións de censura (O Irixo, Muxía, Outes e Viveiro) e no Valadouro, Mondariz foi por dimisión do rexedor. Máis de 58 mil galegos e galegas están gobernados por unha formación distinta á que foi elixida inicialmente. O PP é o partido máis beneficiado por estes cambios.
A depreciación do debate sobre o estado da nación
Xesús Veiga
O Ministerio de Consumo pide á Xunta que actúe contra 9.000 pisos turísticos "ilegais" en Galicia
Detecta dispoñibles en plataformas case 15.000 anuncios de vivendas turísticas, das que máis do 60% non mostran o número de licenza requirida. Nunha xuntanza en Santiago, o ministro Bustinduy destaca que na cidade operan 406 destes aloxamentos cando só hai 66 permisos municipais.