- Crónica Debate 2025
- Política
O PP di "non" a todas as propostas do BNG e só pacta unha do PSdeG
Os populares culminan o debate de política xeral no que caricaturizaron a nacionalistas e socialistas como a "Galicia do non a todo" rexeitando 79 das súas 80 propostas de resolución. O grupo que sustenta o Goberno saca adiante todas as súas iniciativas modificando só unha delas de acordo co Grupo Socialista, aceptan íntegras 5 e parte doutras 7 de Democracia Ourensana