A antiabortista Red Madre ocupará un dos locais da nova sede da Xunta en Pontevedra
O colectivo antiabortista, abeirado por lei en Galicia dende 2009, foi a segunda con máis puntuación no baremo fixado pola Xunta para optar aos locais na súa remodelada sede pontevedresa, na rúa Benito Corbal, por diante de organizacións como Meniños, a Asociación contra o Cancro ou Cruz Vermella