Licenza para desmantelar Elnosa 52 anos despois da súa apertura en Lourizán
A desmontaxe prodúcese mentres a veciña Ence agarda pola resolución do proceso xudicial que a enfronta co Goberno central sobre a prórroga que Rajoy lle outorgou ata 2073
A desmontaxe prodúcese mentres a veciña Ence agarda pola resolución do proceso xudicial que a enfronta co Goberno central sobre a prórroga que Rajoy lle outorgou ata 2073
O pronunciamento do Supremo ratifica a sentenza na que o TSXG deu por probado o "nepotismo" na creación dunha praza docente na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra que tivo como beneficiaria á cuñada dunha alto cargo da propia Xunta. A CIG-Ensino, que recorreu o caso, pide a dimisión da conselleira Carmen Pomar
A pasteira finalizou o exercicio de 2019 cuns 9 millóns de euros de beneficios, un 90% menos que no ano anterior e di esperar para os vindeiros meses un primeiro pronunciamento xudicial da Audiencia Nacional sobre os recursos formulados polo Concello pontevedrés, Greenpeace e APDR contra a súa permanencia na ría
O ente provincial lanza a campaña “Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero”, animando a “cambiar as regras” para que as novas xeracións se desenvolvan “de forma igualitaria"
Este martes comeza a cuarta edición do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. Camborda será a gran protagonista da primeira xornada, coa proxección de Arima, a súa primeira longametraxe. O certame pecharase o vindeiro domingo 15 de decembro con Longa Noite
Praza.gal presenta no Culturgal 2019 a súa nova campaña de socias e socios e, o domingo ás 17:00, o novo episodio de Concienciadas. As proxeccións de Eroski Paraíso e O que arde ou o concerto de Marful con Sabela Ramil, entre as citas máís agardadas da duodécima edición da feira
Vén de rematar a edición do 2019 do Armadiña, o festival de curtas de Poio que, coma moitas outras mostras do país, supuxo unha oportunidade para reflexionar sobre a dirección que está a tomar a curtametraxe galega. Nesta reportaxe salientamos varias das pezas que pudieron verse no Armadiña, un de cuxos puntos en común é o intento de reflexión sobre a violencia estrutural coa que convivimos
As familias de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz incorporáronse esta fin de semana á querela arxentina contra os crimes do franquismo. Fixérono na mesma sala onde en agosto de 1936 Bóveda foi condenado a morte
O anuncio será realizado este sábado por descendentes de ambos os dous políticos asasinados en 1936. Destacan o apoio emprestado pola Deputación de Pontevedra, que facilitou que se adherisen á vía xudicial.
"Somos a única forza que estivo dende o principio na loita por ENCE fóra da ría ou que levou a Bruxelas o saneamento das rías", afirma Pontón xunto a activistas contra a crise climática para pedir o voto ao BNG, que recibe o apoio da ex-deputada de En Marea Alexandra Fernández e do ex-vicepresidente Anxo Quintana
A medida ponse en marcha este mércores e afecta a todas as rúas de rodean a améndoa da cidade e que teñen un uso compartido de peóns e tráfico rodado. O Concello valora estendela a outras vías da zona urbana, co obxectivo de aumentar a sensación de seguridade