A permanencia de ENCE en Pontevedra, pendente da Xustiza unha década despois de que Feijóo prometese sacala da ría
Alén da futura lei de cambio climático, que a pasteira siga ou non en Lourizán depende, sobre todo, do que resolva a Audiencia Nacional sobre os recursos contra a prórroga outorgada polo Goberno de Rajoy en funcións. O PP incluíu no seu programa de 2009 o traslado da factoría e Feijóo reiterou a promesa tras chegar á presidencia: "Non cabe a posibilidade de manter ENCE na ría"