En defensa do Centro de Saúde de Seixo: cando toda a veciñanza das parroquias rurais se mobiliza pola sanidade pública
Tres mil persoas manifestáronse o venres contra os recortes no centro sanitario que dá servizo a catro parroquias rurais do Concello de Marín, que suman cinco mil habitantes. Denuncian que a Xunta pretende "desmantelalo" aproveitando a xubilación dunha das prazas de enfermaría e a dun dos médicos