8M 2019
O 8M feminista fai agromar na aldea de Loureiro a primeira manifestación da súa historia
Esta pequena localidade de Nogueira de Ramuín acolleu o pasado venres unha marcha pioneira pola igualdade onde se xuntaron persoas de entre 14 e 90 anos e rematou na única taberna do lugar: "As mulleres do rural tamén poden ir ao bar”. Falamos cunha das impulsoras.
"O cambio social xa é obvio, agora é a política a que debe contar co feminismo"
Tres activistas feministas, parte do movemento Galegas 8M, fan balance da histórica xornada do pasado venres, que aseguran que "desbordou as previsións" e suporá "un punto de inflexión". "Demostrouse que non é algo puntual, a nosa mensaxe callou", din.
- Crónica 8M 2019
- Movementos sociais
O feminismo galego volve desbordar noutro 8M histórico na loita pola igualdade
O movemento feminista volve sacar ducias de milleiros de persoas ás rúas de vilas e cidades galegas "por todas as mulleres, por todos os dereitos", nunha xornada marcada pola diversidade e a unidade contra o machismo
Vilalba: O 8M tamén para as mulleres con discapacidade
Pilar Fernández, unha muller que se move en cadeira de rodas, foi a gran protagonista na manifestación celebrada na vila lucense. Leva 6 anos denunciando sen éxito que unha barreira arquitectónica creada por unhas obras do Concello lle impide saír da súa casa sen axuda
Os sindicatos cualifican de "éxito" o seguimento da folga feminista
A CIG destaca que "milleiros de mulleres secundan o paro" e destaca o elevado impacto en sectores da administración pública autonómica, onde a Xunta reduce o seguimento a menos do 12%
A xustiza condena o Consorcio de Igualdade por negar a conciliación a unha muller para coidar un fillo enfermo
Un xulgado de Ourense ordena que os días dos que dispuxo a nai para atender o pequeno “sexan considerados como de permiso para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral” logo de que a entidade da Xunta non llos concedese
As denuncias por violencia de xénero volveron superar o seu máximo histórico en 2018
A folga no sector da Xustiza fixera descender o seu número nos dous primeiros trimestres, pero na segunda metade do ano a cifra disparouse. Tamén acadan un récord das ordes de protección solicitadas e adoptadas e as condenas por violencia machista
Monbus segue o camiño aberto por varias cidades e fará 'paradas seguras' pola noite para previr agresións
A medida aplicarase en todas as liñas interurbanas de 22 a 7 horas. Mulleres, menores de idade e persoas xubiladas que viaxen soas poderán solicitar que o autobús se deteña en calquera punto do percorrido. Vigo e A Coruña puxeron en marcha esta medida e tamén Compostela iniciou nos autobuses urbanos un protocolo contra as violencias machistas
- Entrevista | Ana Romero 8M 2019
- Movementos sociais A Coruña
"Cando as cigarreiras tiñan que defender o colectivo, eran aguerridas e estaban sempre unidas"
Este 8M a manifestación feminista da Coruña rematará non por casualidade na Praza das Cigarreiras, a carón da antiga Fábrica de Tabacos. A historiadora Ana Romero ofreceu este xoves unha conferencia sobre estas mulleres, que durante décadas constituíron a principal industria da cidade
A fenda laboral e salarial de xénero comeza nas desigualdades do fogar
"Ata que non entremos realmente na democratización real dos fogares e da vida cotiá, e nun reparto igualitario da asunción de responsabilidades, non se solucionará a fenda laboral de xénero", explica a economista Carmen Castro
- 8M 2019
- Movementos sociais Ao vivo
Folga feminista "por todas as mulleres, por todos os dereitos"
A xornada de folga e numerosas mobilizacións feministas convocadas para este 8M reclaman medidas concretas contra a desigualdade de xénero en todos os ámbitos da vida, dende o traballo remunerado ata o dos coidados, e mudanzas sociais profundas para a fin das agresións machistas