A fábrica de fibras téxtiles instalarase en Palas de Rei tras pedir a Xunta que fose á Mariña
Altri decide erguer na Ulloa a planta que opta a fondos europeos Next Generation menos de tres meses despois de que o Goberno galego e o Parlamento instasen a que se emprazase "preferentemente" no norte da provincia. A Mancomunidade mariñá amosa a súa "profunda indignación" e acusa o Executivo de "desprezo".