ADEGA alerta de que a factoría de Altri en Palas contaminaría máis que a de ENCE en Pontevedra
Un informe elaborado pola organización ecoloxista en colaboracion co experto en contaminación Ramón Varela Díaz tras analizar as emisións á atmosfera declaradas no Estudo de Impacto Ambiental de Greenfiber sinala que a planta proxectada emitiría máis partículas, óxidos de nitróxeno e óxidos de xofre que a existente en Pontevedra.