Eurodeputados do PPdeG reclaman ao Goberno de España que "non obstaculice" o financiamento para Altri
"O Goberno central xa non pode esconderse en palabras ambiguas nin continuar de perfil: ten que actuar para apoiar este proxecto", di Millán Mon
"O Goberno central xa non pode esconderse en palabras ambiguas nin continuar de perfil: ten que actuar para apoiar este proxecto", di Millán Mon
As comarcas da Ulloa, Arzúa, Terra de Melide e Deza conforman unha "área rural cun tecido económico diversificado e un significativo dinamismo", sinalaba o informe do CCG sobre o proxecto, que alertaba do impacto negativo sobre os seus dous sectores económicos fundamentais: o agrogandeiro e alimentario e o turístico.
O presidente da Xunta di que a cuestión medioambiental sobre a planta está cerrada "por moito que lle pese" á oposición. Pontón advirte do perigo de "converter Galicia nun grande eucaliptal" e Besteiro aclaro que "se do PSdeG dependese" a empresa levaría "cero euros de cartos públicos".
A conselleira de Medio Ambiente mantén que "non vai haber afección á auga nin á terra" e que a "sostibilidade" de Altri vai ser "total e absoluta". Matiza, asemade, que "ninguén bebe auga do río directamente" porque "ten que pasar" por unha depuradora
Paula Prado, secretaria xeral dos populares, cre que manifestacións como a da Pobra "opóñense á posibilidade de ofrecer oportunidades de emprego á mocidade galega e fixar poboación no rural" e acusa a BNG e PSdeG de "estar sempre a favor" do proxecto e "cambiar de opinión por vinganza tras as eleccións autonómicas".
Fronte ao visto bo da Consellaría de Medio Ambiente, son moitas as alertas lanzadas nos últimos meses sobre os posibles prexuízos que a actividade da planta pode ter. Dende o modelo forestal e o impulso do eucalipto ata o efecto sobre o medio ambiente e a saúde humana e tamén as hipotéticas consecuencias para a economía local, por exemplo para as explotacións agorgandeiras ou o turismo.
Milleiros de persoas e 600 embarcacións colapsan a vila nunha mobilización histórica contra o proxecto de Palas de Rei e a mina de Touro. "Altri ten licenza administrativa pero non ten licenza social", advirten os convocantes. Pontón pide á Xunta que "rectifique" e Besteiro denuncia unha "gran mentira", mentres o Goberno galego reduce a manifestación a "comunismo do século XXI".
Na presentación dos resultados de 2024, a compañía celebra a declaración de impacto ambiental "favorável" outorgada pola Xunta á súa fábrica en Palas evidencia que aínda precisa "licenças adicionais". O conselleiro delegado destaca a adquisición das divisións de compra de madeira e loxística de Greenalia: "Reforça a capacidade operacional do Grupo no aprovisionamento de matéria prima", isto é, de madeira de eucalipto
Medio Ambiente encadra no procedemento "habitual" que o subdirector de Avaliación Ambiental pase de exercer o posto en comisión de servizos a facelo "con carácter definitivo" pola vía da libre designación, o que propiciará que consolide o nivel máis alto na carreira funcionarial
Jordi Hereu sinala as "diferenzas importantes" entre o proxecto previsto agora en Palas de Rei e o presentado inicialmente. O membro do Goberno de España aclara que o aval ambiental da Xunta "é independente do proceso de concesión de axudas" e alerta dunha contorna da fábrica "con altos valores e recursos naturais, fluviais e paisaxísticos".
"É unha liña vermella", avisa Néstor Rego, que exixe ao Executivo de Sánchez que "abandone a ambigüidade" e negue calquera financiamento público ao proxecto de Palas de Rei. Lara Méndez (PSdeG) dubida que a iniciativa cumpra cos requisitos para obter axudas da UE.