Altri
As vilas non se renden: miles de persoas saen á rúa contra Altri
Grupos Vivos contra Altri por todo o país saíron hoxe ás rúas de máis dunha ducia de concellos para protestar contra o proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei e a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva a este proxecto que a Xunta de Galicia emitiu no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres 14 de marzo.
Pontón reclama que Rueda explique no Parlamento por que fai “de comercial de Altri"
“Imos gañar a batalla de Altri fronte á traizón do PP coa mobilización de todas as persoas que lle queren a Galiza”. Así o afirmou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha comparecencia trala reunión de urxencia que o grupo parlamentar celebrou este sábado no Parlamento para abordar a situación creada despois da publicación do informe ambiental favorable ao proxecto de macrocelulosa.
As cifras de Altri: dos 75 metros de cheminea aos 46 millóns de litros diarios de auga
O aval ambiental da Xunta detalla o que suporía en números a fábrica en Palas de Rei, cunha superficie de 112 hectáreas, afectación directa en catro concellos, 27.000 alegacións, unha produción anual de 400.000 toneladas de celulosa ou o uso de 1,2 millóns de toneladas de madeira de eucalipto ao ano, o 22% de todo o que se corta en Galicia.
A Xunta celebra o aval á planta de Altri e pide ao Estado que "mova ficha" para financiala
Considera que o visto e prace ambiental deixa agora a pelota no tellado do Goberno central para "o financiamento e a conexión eléctrica necesaria". O BNG chama á mobilización e anuncia "batalla política, democrática e legal" e o PSdeG insiste nas "dúbidas" e en sinalar a "opacidade" da Administración autonómica.
Luz verde ambiental da Xunta a Altri
A Consellería de Medio Ambiente aproba a declaración ambiental do proxecto da factoría en Palas de Rei ao vela "ambientalmente viable" e lígaa ao cumprimento de varios requisitos. Ocupará 112 hectáreas, chegará aos 75 metros de altura e producirá ata 400.000 toneladas de celulosa ao ano
O PP teima en ligar coa violencia o movemento contra Altri e ao BNG
Xunta e PP sinalan unha protesta de Melide Vivo contra Altri durante unha carreira popular que pasou preto da casa da conselleira de Medio Ambiente como mobilización deseñada para celebrarse ante a vivenda e interpretan unha pancarta alusiva a Ánxeles Vázquez como unha ameaza. "Pretendía ser unha unha alusión a que a saúde das nosas familias, incluíndo a da mesma conselleira, veríase tremendamente afectada por Altri", resalta o seu autor, quen incide en que "xa está ben de que a Xunta diga que o BNG está por tras de todo o movemento contra Altri"
A Xunta pide no DOG a 820 persoas que alegaron contra Altri que acrediten ser "parte interesada" no proxecto
O Goberno galego tenta comunicarse así con xente que asinou alegacións xenéricas contra a planta solicitando ademais esa consideración persoal pero non facilitou enderezo
Un escudo público-privado abeira á Xunta para non amosar o acordo con Altri
Economía mantén que a documentación dos pactos coa compañía portuguesa para a súa instalación en Galicia é "interna dunha sociedade privada con participación pública minoritaria" ao ter a Xunta o 40% de Impulsa Galicia e non dispor da "maioría dos dereitos de voto". Contas insiste en que a ese 40% se suma "o 10%, de xeito indirecto" a través de Sogama, polo que Impulsa Galicia debe estar "sometida a control público"
A desprotección da natureza en Galicia e a aparición de Altri
Nicolás González Casares
Rueda acusa a Pontón de coaccionar funcionarios contra Altri, "franquismo industrial" para o BNG
A portavoz nacionalista pregúntase se coaccionan "os milleiros de galegos que se manifestan en contra" e o presidente lembra que o votou máis xente a el
O BNG procura os "papeis ocultos" do pacto da Xunta con Altri e o PP amosa un comunicado da empresa
O deputado Luís Bará esixe a Rueda "desclasificar" o acordo asinado en 2021 pola sociedade da Xunta e Abanca, cuxa existencia Altri sinalou nun comunicado sen que ningunha das partes publicase o contido íntegro. O presidente reduce a reclamación ao "mesmo de sempre"