Altri
Adega e a PDRA abren a batalla xudicial contra Altri
As entidades presentan recurso de alzada polo "silencio administrativo" de Augas de Galicia á solicitude de arquivo do expediente de concesión de augas do proxecto. Entenden que esta petición debeu ser estimada tras vencer o prazo legal para a súa resolución.
Os papeis 'liberados' e a dimisión da directora de Patrimonio avivan a controversia en torno a Altri
Ulloa Viva decidiu publicar integramente o expediente de Altri, ao que tivo acceso na Xunta como parte interesada, "no nome da transparencia e do dereito á información". Un dos documentos divulgados que dá o visto e prace ao proxecto é o informe asinado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, que se dispón a abandonar o cargo no que levaba doce anos
A Xunta propón "pantallas vexetais" para compensar "impactos negativos" no turismo pola planta de Altri
O informe realizado por Turismo de Galicia advirte da posibilidade de prexuízos "leves" a "moderados" sobre a paisaxe, os espazos naturais protexidos e o patrimonio cultural destas comarcas, de importante actividade turística e atravesadas polo Camiño Francés a Compostela. Para compensalos, suxire "medidas correctoras", como unha mellor sinalización, "rutas megalíticas" ou a organización de actividades culturais e deportivas na zona.
Unha concentración ante o Congreso reclama ao Goberno do Estado que non financie a planta de Altri
A convocatoria foi impulsada pola Plataforma Ulloa Viva, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace e nela participaron representantes de BNG e Sumar, entre elas a propia vicepresidenta do Executivo e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. “O que necesita escoitar Galicia é que das arcas públicas non sairá nin un só euro, pois o proxecto é enormemente prexudicial para o medio ambiente e a sociedade galega”, afirmouse na concentración.
Medio Rural advertiu do impacto de Altri pero aminorouno tras aceptar os argumentos da empresa
Un informe da Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura alertou das afectacións na actividade agrogandeira, da falta dun estudo a fondo destas ou dos prexuízos da excesiva demanda de eucalipto. Outro documento, meses despois, substituíu o inicial tras considerar que "non hai unha incidencia apreciable" da planta sobre o sector e logo de admitir as emendas da empresa.
Un reivindicativo descenso polo Ulla volve clamar contra Altri e a mina de Touro
Decenas de embarcacións participan nunha actividade na que os convocantes piden que se "descarten definitivamente" ambos proxectos e advirten da súa afectación aos ecosistemas e á calidade das augas.
O plan de Altri para virar a súa cheminea en "icona" foi asumido pola Xunta
O informe no que Patrimonio Cultural da Xunta dá o visto e prace á instalación da factoría en Palas adopta as recomendacións propostas por un consultor contratado pola compañía para avaliar o impacto do seu proxecto no Camiño de Santiago. Ulloa Viva lamenta que se "fundamentase en dous informes externos contratados e pagados por Altri" e ve as súas conclusións un "desatino"
Da aldraxe por Altri ao silencio por Ence malia perderen a mesma axuda pública
As críticas do PP e da Xunta á exclusión da empresa portuguesa das subvencións europeas contrastan co mutismo sobre a planta que prevé nas Pontes a papeleira, compañía de fonda e longa vinculación cos populares e da que no sector advirten do seu malestar co Goberno galego.
Altri pide fondos europeos sabendo que incumpre os prazos
As axudas da UE das que foi excluída exixen que o proxecton da fábrica de Palas estea rematado en menos dun ano cando a empresa advirte de que precisa tres para a súa construción. A prórroga que reclama ao Estado suporía que a Comisión Europea decida reformar un regulamento e convencer os 27 membros da UE, pero a Xunta insiste na "discriminación" por parte do Goberno de España.
Altri pide ao Estado reclamar á UE máis prazo para as axudas das que fica fóra
O proxecto previsto en Palas de Rei foi excluído do PERTE de descarbonización, polo que aspiraba a 30 millóns de euros. A empresa di que non tiña opcións por mor dos prazos agás que o Goberno de España reclamase amplialos e pídelle que o faga. Advirte que a iniciativa "segue o seu curso" e que a exclusión destas axudas "non altera a folla de ruta".
Reclaman a prohibición "indefinida" de novas plantacións de eucalipto en pleno debate sobre Altri
O 31 de decembro, en oito meses, remata a moratoria temporal para as novas plantacións de eucalipto que entrou en vigor en xullo de 2021 e que no seu primeiro ano de implantación non detivo a expansión da especie. Dez organizacións, encabezadas por ADEGA e as Comunidades de Montes, piden unha prohibición permanente ata que se elabore una normativa específica para a ordenación das masas de eucalipto