As cifras do galego
A vía dupla cara á extinción
L. C. Carballal
Queremos Galego mobilízase ante a "emerxencia lingüística" e censura que a Xunta "bote a culpa á inmigración"
A plataforma convoca un "gran acto aberto" para o 17 de novembro en Santiago baixo o lema 'Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego'. "A Xunta ten que actuar onde ten competencia, no espazo público, coa política", subliñan para reclamar a aplicación do Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade hai vinte anos como "base para recuperación do galego en todos os espazos"
- Datos As cifras do galego
- Acontece
O devalo do galego na mocidade: pouca lingua de berce e cada vez menos de elección
Tan só ao 24% dos actuais nenos e nenas entre 5 a 14 anos os seus pais e nais lles falaban maioritariamente en galego cando dicían as súas primeiras palabras. O baixo nivel inicial de galegofalantes diminúe cando medran: o 85% da rapazada fala máis en castelán coas súas amizades, aínda que con grandes diferenzas entre as cidades e grandes vilas e os concellos de menos de 10.000 habitantes.
O estado do galego e Internet
Anxo Sánchez
Retrocedendo, que é xerundio!
Antonio Gregorio
- Datos As cifras do galego
- Acontece
A caída de galegofalantes triplica o descenso da poboación nada en Galicia en vinte anos
A poboación galega que naceu en territorio galego é algo menos dun 8% inferior á que había en 2003 e a que di falar "sempre" ou "máis" en galego retrocedeu máis dun 25%. Mentres, a poboación castelanfalante aumenta 35 puntos menos que o total de habitantes con orixe foránea. Os datos acreditan que é imposible explicar o retroceso no uso da lingua sen a súa caída entre as persoas que naceron en Galicia, especialmente entre a infancia e a adolescencia
- Datos As cifras do galego
- Cultura
Máis da metade da audiencia dos medios de comunicación reclama máis contido en galego
Entre o 51% e o 56% da poboación que consulta medios de comunicación en Galicia responde ao IGE que desexaría maior presenza do galego neles
O uso do galego retrocede en todo o país, sobre todo nas áreas urbanas
O peso da poboación galegofalante cae de forma moi importante, especialmente nas dúas meirandes áreas urbanas do país. Na Coruña hai un 25% menos de galegofalantes que hai cinco anos e en Vigo o descenso é do 21%. As estatísticas debuxan unha Galicia partida en dous, con comarcas que roldan o 90% de falantes de galego e outras que roldan o 20%
Agora ou nunca
Henrique Monteagudo
A Xunta interpreta que o galego "segue a ser maioritario", a RAG urxe "un cambio de rumbo drástico"
O Goberno galego salienta ante os datos do IGE que "sete de cada dez persoas se comunican en lingua galega" e pon o foco na "poboación procedente do exterior" como fonte de "incremento de castelanfalantes" e "nicho de potenciais neofalantes". A Academia alerta de que se "achega un momento no que non se vai poder reverter a situación" e tanto BNG como PSdeG consideran que as cifras reflicten unha "situación límite"
- Datos As cifras do galego
- Acontece
O castelán xa é o idioma predominante en Galicia
A poboación que declara falar acotío "sempre" en castelán achégase ao 30% e a que o fai en galego cae por baixo do 24%, segundo os datos que vén de actualizar o IGE. As persoas que falan sempre ou máis en galego quedan nun 45% e as que optan sempre ou máis polo castelán chegan ao 52,94%