- Datos As cifras do galego
- Política
A Xunta exhibe en Europa horarios e notas para dar por feito o "equilibrio" de galego e castelán nas aulas
A partir dos datos de horarios lectivos das diferentes materias tirados do software de xestión educativa XADE o Goberno indicou ao Consello de Europa que o galego ten unha presenza de entre o 46,1% e o 50% en Primaria e entre o 43,5% e o 49,3% en Bacharelato. Esas cifras reflicten a agregación de formularios que os centros educativos enchen indicando a lingua "asignada" a cada materia, non resultados de controis que acrediten o idioma é empregado en realidade