O persoal técnico de normalización denuncia que non foi convocado para renovar o Plan Xeral da Lingua
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) asegura que "non foi contactada nin convocada a ningún tipo de reunión" desde que en decembro se iniciou o proceso para un novo pacto lingüístico.