O estudo da RAG constata que o galego é "residual" nas aulas da ESO na escola privada
O informe da Academia sobre o uso da lingua no final do ensino obrigatorio certifica a súa escasa presenza nos centros privados, onde o 95% do alumnado declara que o castelán é maioritario ou exclusivo nas clases.