Cara ao 29N
A TVG prevé un só debate ás 9:30 da mañá na campaña das xerais
As forzas políticas reciben este venres o plan de cobertura elaborado pola CSAG para o 29N, cun só debate televisivo matinal e noutro na Radio Galega ás oito do serán. RTVE propón tres de ámbito estatal en horario de máxima audiencia. PP, PSdeG, Fronte Ampla e BNG elixirán as quendas de apertura e peche dos catro bloques temáticos dos debates e a súa situación no estudio por orde dos votos obtidos en 2023 e non por sorteo
Nin medo nin derrotismo
Xosé Mexuto
A precampaña das xerais reactívase en Galicia pola Feira de Santos
A centenaria feira monterrosina é, historicamente, un punto de interese político. Rueda, Pontón e Besteiro non faltaron este ano, no que a cita cadrou coa fin do loito oficial pola traxedia de Urda
Unha maioría de tres quintos no Senado permitiría á dereita impoñer ducias de maxistrados no Supremo
Cando menos 34 maxistrados do alto tribunal chegarán á idade de xubilación forzosa durante o próximo mandato do Consello Xeral do Poder Xudicial
Amnistía Internacional pide á policía garantir en Galicia o dereito á protesta e que "non use pelotas de goma"
A entidade fai un chamamento á Delegación do Goberno ante as concentracións previstas contra Vox, pide que se "respecten as normas internacionais sobre o uso da forza" e critica o uso excesivo da forza nas mobilizacións, tamén contra a extrema dereita, de hai uns días na Coruña.
A Xunta Electoral amoesta a Rueda por un acto institucional de vivenda en Vigo
Ordena a retirada da nota de prensa e require ao presidente da Xunta que "se absteña" de realizar actos coma ese durante o proceso electoral. "Non se limitou a informar con neutralidade sobre o funcionamento dun servizo público", aclara o organismo.
Radar 29N: unha ferramenta para seguir as eleccións "pensada dende Galicia e para Galicia"
A iniciativa do consultor Roi P. Vila ofrece unha proxección de escanos, amosa a loita polo derradeiro escano en cada provincia, analiza as características do electorado indeciso (e a súa posible activación durante a campaña), os movementos do voto dual ou as preocupacións da cidadanía. O trebello irá actualizándose nas vindeiras semanas cos novos datos das sondaxes publicadas.
Profesorado denuncia as cargas policiais na Coruña: "O noso alumnado non se maltrata"
Docentes do IES Concepción Arenal de Ferrol, no que estudou unha rapaza que case perde un ollo na protesta contra o acto de Vox, advirten de que "non é aceptable" que a mobilización acabase con mozos e mozas "feridos, algún deles de gravidade". Reivindican o "dereito" da mocidade "a reclamar mellor formación e máis medios na educación e unha perspectiva de traballo digna e de vivenda accesíbel".
Coa democracia nos beizos
Ismael Pato Pérez
Unha ducia de candidaturas preséntanse ás eleccións xerais en Galicia
En Galicia presentáronse 12 listas diferentes para o Congreso e 8 para o Senado, aínda que con cambios entre unha e outra circunscrición. PP, PSdeG-PSOE, Fronte Ampla, BNG, Vox, Podemos, SALF e Frente Obrero presentan candidatura para o Congreso nas catro provincias galegas. PCTG, PUM+J, PACMA ou Escaños en Blanco concorren só nalgunha delas.
Un ex-alcalde da Pobra e a líder de Sumar en Vigo encabezan as listas da Fronte Ampla na Coruña e Pontevedra
No Senado confírmase unha coalición co PSOE nunha lista única denominada Senado de Progreso que tamén contará con representación da Fronte Ampla