
As máscaras fornecidas a Galicia por iniciativa de Euskadi serán vinte mil mensuais ata xuño
O servizo vasco de saúde debía mercar o lote completo de máscaras e "contactou co Sergas, co Servizo Navarro de Saúde e coa Ertzaintza" para ofrecerlles comprar unha parte delas; no caso galego, o pactado foron 70.000. Sanidade destinou algo máis de 232.000 euros a esta compra, que Euskadi pechou o 2 de marzo