
"Covid que te vin", a mensaxe de ánimo lanzada dende o confinamento por un proxecto educativo imprescindible
'Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela' traballa dende hai 23 anos co alumnado do oriente ourensán a prol da igualdade, a innovación educativa e o fomento de materiais lúdico-educativos en galego. Suspendida a súa multitudinaria festa anual polo coronavirus, lanzan un vídeo musical para bailar na casa.