
Coronavirus
Feijóo atribúe a rescisión de contratos a enfermeiras que tratan o coronavirus a un erro de "interpretación"
O presidente da Xunta carga a responsabilidade na xerencia da área sanitaria de Santiago e nega que houbese "intencionalidade" por parte do Sergas, que recuou logo de anular prórrogas de contratos xa asinadas polo persoal.
- Datos Coronavirus
- Acontece
As persoas hospitalizadas por coronavirus en Galicia son menos de 800 por primeira vez en vinte días
Os positivos activos volven medrar por baixo do 1% e chegan a 6.142; son 57 positivos novos dos que case a metade volven proceder de residencias de maiores e dependentes. Os falecementos chegan a 415 tras rexistrarse dez máis e o descenso de persoas na UCI pola covid-19 acumula trece días á baixa
O Ministerio de Sanidade concreta e amplía os datos sobre o coronavirus que lle deben remitir as autonomías
Matiza ou aumenta a casuística dos doentes e do persoal dispoñible pero simplifica a información sobre a capacidade sanitaria e mantén a de consumo de materiais e probas PCR
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os desprazamentos fóra do fogar reducíronse un 63% en Galicia dende o inicio do confinamento
Os datos de posicionamento dos teléfonos móbiles analizados polo Ministerio de Transportes revelan que a limitación de movementos en Galicia foi inferior á media española, pero foi incrementándose ao longo do tempo, acadando o 68% durante a Semana Santa
Suspensom do curso já!
Anjo Formoso VarelaO sector marisqueiro poderá acollerse ás axudas da UE polo coronavirus
O Consello Europeo acepta finalmente incluír na modificación do FEMP as axudas ao marisqueo que quedaran fóra da proposta inicial da Comisión tras a presión de PSOE e BNG. Ciudadanos subliña que tamén contribuíu á mudanza de criterio.
A Xunta agradece aos pescadores deportivos “o seu comportamento durante o confinamento, agás persoas puntuais”
A conselleira de Medio Ambiente salienta que “acataron non saír ao río xustamente en véspera do inicio da actividade, tras un ano de espera”
As mentiras de Feijóo en rolda de prensa
Xosé Mª Dios DizA diferenza entre os datos do Sergas e do Ministerio sobre o virus está nos casos acumulados e nas mortes en residencias
A disparidade responde a dous xeitos de presentar os mesmos datos: o Ministerio indica o total de casos acumulados e a Xunta distingue entre activos, falecementos e altas. As 95 persoas que figuran como falecidas nos datos do Sergas e non nos do Ministerio, que si as computa no total de casos acumulados, correspóndense cos falecementos nas residencias
- Datos Coronavirus
- Acontece
O descenso da hospitalización por coronavirus en Galicia acada o seu maior ritmo e a metade de novos casos son en residencias
Galicia rexistra 6.085 positivos activos, 66 máis dos que case o 50% proceden de residencias; os falecementos chegan a 405, un incremento de 14 persoas das que sete vivían en centros de maiores e dependentes. As altas seguen aumentando máis que os positivos activos e chegan xa ás 1.383
- Documento Coronavirus
- Acontece Santiago
O Sergas rescinde contratos prorrogados a enfermeiras que atenden o coronavirus e recúa tras facerse público
A xerencia da área compostelá prescinde de profesionais que xa asinaran ata finais de abril ao considerar que xa non eran necesarias na planta de Covid, pero rectifica ás poucas horas tras as súas denuncias. "Somos empregadas de usar e tirar", quéixase un sector farto de "abusos".