
A residencia de Nigrán que a Xunta destinou a acoller a anciáns sen coronavirus rexistra dous positivos
Dúas mulleres que foron trasladadas do centro DomusVi intervido polo Goberno galego en Vigo e que en principio non estaban infectadas, deron positivo por coronavirus nas últimas horas. Ignórase se foron contaxiadas en Nigrán ou se houbo un erro nas probas que se lles realizaran antes do traslados e que tiveran un resultado negativo