Colectivos de mulleres reclaman que se manteñan os dereitos das embarazadas durante o estado de alarma polo coronavirus
11 entidades denuncian que tanto o Sergas como as entidades sanitarias privadas "están a conculcar os dereitos sanitarios das mulleres e dos seus bebés durante o parto" e sinalan que "os estritos protocolos definidos por algúns centros xeran unha situación de discriminación ao determinar o lugar de residencia se vas a poder parir con acompañante ou non"