
Morre na Coruña o primeiro farmacéutico galego polo coronavirus, que afecta a varias ducias de profesionais das boticas
Os farmacéuticos e farmacéuticas son un dos colectivos que teñen que facer fronte ao coronavirus de forma máis directa. En Galicia hai un total de 35 profesionais enfermos, dun total de 30 boticas. A campaña "non baixamos a garda" busca recoñecer o traballo deste colectivo