
Coronavirus
- Datos Coronavirus
- Acontece
As mortes por coronavirus en Galicia superan as 240 e a presión nas UCI segue a frear
Os casos positivos activos chegan a 5.342 e os falecementos, entre hospitais e residencias de maiores, chegan a 241. As altas volven aumentar e chegan a 610
- Documento Coronavirus
- Política
A Avogacía do Estado aclara que a caída do tráfico nas autoestradas polo coronavirus "non dá dereito" a indemnizalas
Fronte á postura da Xunta que considera que terá que compensar ás concesionarias, a asesoría xurídica do Goberno central, dirixida pola galega Consuelo Castro, salienta que nada impide ás empresas seguir executando os seus contratos
Detido un empresario polo roubo de "dous millóns de máscaras" sanitarias en Santiago en plena crise do coronavirus
A unidade policial adscrita á Xunta valora nuns 5 millóns de euros a mercadoría presuntamente roubada na nave compostelá, pertencente a unha empresa de material sanitario en concurso de acredores, e sospeita que foi vendida en Portugal
- Datos Coronavirus
- Acontece
Así comeza a superar o coronavirus no seu primeiro mes nos hospitais galegos á gripe de todo un ano
Xa hai tantos ingresos en UCI ao tempo pola covid-19 como coa gripe durante toda unha campaña. Na peor semana da gripe da peor tempada dos últimos anos, a 2017-18, rexistráronse 418 ingresos hospitalarios, cifra que xa duplica o coronavirus sen que aínda se perciba o seu pico
Coronavirus: do medo á sumisión
Iolanda Teixeiro- Con vídeo Coronavirus
- Política
Os datos do Sergas aínda non suman todas as mortes por coronavirus das residencias de maiores
Aos 182 falecementos por coronavirus en Galicia reflectidos na estatística oficial de Sanidade ata este 5 de abril cómpre sumar outros 33 de persoas falecidas pola covid-19 en residencias de maiores, segundo aclarou este domingo Feijóo. Varios departamentos da Xunta ofreceron versións contrapostas ao respecto nos últimos días sobre a suma ou non dos datos de Política Social aos de Sanidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos por coronavirus en Galicia superan os 5.000 e a ocupación das UCI diminúe por primeira vez
Os positivos activos superan por primeira vez os 5.000, pero o ritmo de incremento segue apuntando a que Galicia comeza a aplanar a curva da pandemia
- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
Hoxe ía haber eleccións (e hai unha campaña soterrada)
O adiamento das eleccións que se ían celebrar este 5 de abril deixou sen efecto a convocatoria electoral pero non a disolución do Parlamento, de aí a inédita situación institucional que vive o país. Na actual oposición existe o convencemento de que a maquinaria preelectoral do PP non está pechada por pandemia, mentres os populares ven a esquerda nunha "deriva irresponsable"
O colapso das caixas deixou en mans multinacionais a empresa de residencias con máis casos de coronavirus en Galicia
As residencias de maiores da compañía DomusVi acumulaban ata este 4 de abril 227 dos 554 casos positivos por coronavirus detectados nestes centros en Galicia, segundo a Xunta
- Entrevista | Francisco Caamaño Isorna Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"A apertura do confinamento será lenta e dependerá de que a xente siga respectando as medidas de distancia social"
Falamos con Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, sobre o estado actual da enfermidade e as perspectivas de futuro, nas vindeiras semanas e meses. "Conviviremos co virus e tenderá a ser menos agresivo, pero mentres non teñamos a vacina, sufriremos os seus efectos e non é descartable un novo confinamento", sinala.
Sánchez confirma a solicitude de prorrogar o estado de alarma polo coronavirus ata finais de abril
O presidente do Goberno central subliña que o "esforzo colectivo" do confinamento dá "os primeiros resultados" e "salva vidas", pero cómpre "algo máis de tempo" para evitar un novo abrollo da pandemia máis "despiadado". Avanza ademais medidas para "desescalar" o confinamento, pero con "medidas de hixiene" adicionais ata que exista vacina para a covid-19