
Coronavirus
O Consello de Bioética pide ao Sergas "alternativas que permitan o acompañamento de persoas" na fin da súa vida polo coronavirus
O órgano asesor da Xunta lembra que a “adecuación” do uso de soportes vitais, como as UCI, “é unha obriga de boa práctica clínica” xa antes da crise sanitaria pero pide que sexa “excepcional” facelo “pola escaseza de recursos”
O descenso do tráfico por mor do coronavirus reduce á metade a contaminación nas cidades galegas
Na segunda quincena de marzo os niveis de dióxido de nitróxeno caeron un 56% na Coruña e un 60% en Vigo con respecto á media dos últimos dez anos, e os datos das estacións da Xunta no resto de cidades galegas e en varias vilas amosan resultados semellantes, visibles de forma inmediata a partir da declaración do estado de alarma.
Covid 19 e localismos
Juan Carlos PiñeiroNon nos mintan máis e actúen por favor
Xosé Mª Dios DizAutónomos denuncian que Naturgy nega a suspensión gratuíta de subministro que ordenou o Estado
Profesionais advirten de que a eléctrica dilles que aínda non decidiu se aplicar unhas medidas ordenadas polo Goberno central. A empresa asegura que se debe a "un erro" e asegura que a gratuidade na modificación dos contratos é xa "aplicable".
#liberadeawifi: a loita contra a fenda dixital axigantada polo confinamento
Está a difundirse nas redes sociais unha iniciativa para deixar abertas (permitindo o acceso a elas sen contrasinal) as redes wifi dos nosos fogares durante algunhas horas ao día, para así facilitar que se conecten a elas os veciños que o necesiten, especialmente os e as escolares
- Podcast Coronavirus
- Mundo
Traballar desde a casa: a nova normalidade despois do coronavirus?
Conversamos con Alan Felstead, profesor da facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Cardiff, sobre a implantación xeneralizada do teletraballo por mor da pandemia e as posibilidades de que esta práctica se estenda tras o paso da covid-19
O PPdeG rifa á oposición por unha "deriva irresponsable" co coronavirus e presenta a Feijóo como exemplo de "lealdade"
Miguel Tellado pide “respecto aos que traballan por salvar vidas” e, malia os reproches diarios de Feijóo ao Goberno central, asegura que os populares estiveron calados ata agora
Dezaseis medios independentes piden ao Goberno central que protexa a pluralidade e a calidade informativa na crise do coronavirus
Diante das noticias que afirman que o Goberno está a estudar medidas para apoiar os medios de comunicación tralas peticións de varias asociacións de editores e xornalistas, as publicacións de prensa independente, que nos sostemos grazas ás achegas das e dos lectores, queremos transmitir a nosa inquedanza e solicitamos ao Goberno que tome as seguintes medidas, destinadas a protexer a pluralidade e a calidade da información así como a sustentabilidade dos medios que dependen dos seus lectores
- Datos Coronavirus
- Acontece
As mortes por coronavirus en Galicia chegan a 130 e o ritmo de entrada en UCI encadea unha semana de descenso
A evolución de positivos detectados modérase e medra por baixo do 8%, ata os 4.379; o número de altas son xa 333 e a área de Ourense sitúase como terceira en número total de casos por tras das de Vigo e da Coruña
Os datos dos nosos móbiles serven dende hai unha semana para analizar os movementos da poboación durante a epidemia
O Ministerio de Asuntos Económicos e o INE están a estudar os datos de posicionamento de 40 millóns de teléfonos, que as grandes operadoras comezaron a enviar hai unha semana. O obxectivo é axudar a predicir desprazamentos, evitar aglomeracións e valorar os resultados do confinamento